Os estudantes do Colexio Plurilingüe Carmelitas visitaron o Concello de Ourense dentro do programa 'Cidadanía activa'

OurenseXa
Mozos e mozas participan na actividade 'Cidadanía activa' coa que aprenden a exercer o seu dereito de petición ante os poderes públicos
Alumnos-carmelitas-visitan-concello-ourense
O alumnado do Colexio Plurilingüe Carmelitas visita o Concello de Ourense
12 Dec 2024

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a concelleira de Educación, Tamara Silva, recibiron este mércores no salón de plenos do Concello un grupo de 64 estudantes de Primeiro de Bacharelato do Colexio Plurilingüe Carmelitas.

Acompañados polo seu profesor de Filosofía, Leopoldo Cadaya, realizan a actividade “Cidadanía activa”, na que lle trasladan ao goberno municipal as súas propostas de actuacións de mellora na cidade en diferentes ámbitos, unha por alumno ou alumna.

Realizan as propostas en exercicio do Dereito de Petición, que é a facultade que ten toda persoa de dirixirse aos poderes públicos para facerlles coñecer un feito ou nun estado de cousas e reclamar a súa intervención, un instrumento de participación cidadá recoñecido pola Constitución Española e regulado a través da Lei Orgánica 4/2001.

Cada estudante presentou a súa proposta, e todas elas recibiron entrada no Concello a través do Rexistro Xeral. No acto desta mañá, varios alumnos leron as súas. O alcalde felicitou os mozos e as mozas por achegar as súas propostas, que serán todas contestadas, e destacou o grande interese das que lle expuxeron no propio acto.

⚙ Configurar cookies
0.7099928855896