Os Felos e as Madamas percorrerán as parroquias de Esgos este domingo

Este domingo, Os Felos e as Madamas volverán a percorrer os distintos pobos do Concello de Esgos, facendo nun total de 15 parroquias do municipio.
O percorrido dará comezo ás 09:30 horas na vila de Esgos e continuará polas parroquias de Tarreirigo, Vilar, Lobaces, Loña do Monte, Gomariz, Cernada, Quinta do Monte, Melón Alto, Melón Baixo, Meiroás, Fondodevila-Casanova, Pardeconde, Pardeconde (Xunqueira de Espadañedo), Paradela e Alto do Couso, finalizando novamente en Esgos ao redor das 19:00 horas.
Ademais, este venres o Concello organiza unha festa de Entroido no Centro Cultural Parada Justel, a partir das 18:00 horas, con música, xogos, algunha sorpresa e unha chocolatada para todos os asistentes.