Os hospitais galegos pecharán arredor de 800 camas durante o verán

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
A área sanitaria de A Coruña lidera o número de peches, seguida de Vigo e a área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, mentres que Ourense manterá todas as camas operativas
SATSE advirte sobre o incremento do peche de camas nos hospitais galegos
20 Xuño 2024

O Sindicato de Enfermaría, SATSE, advirte sobre o incremento do peche de camas nos hospitais nos últimos anos, ademais da suspensión de centos de consultas, probas diagnósticas e intervencións qirúrxicas durante os meses de verán.

En total, en Galicia está previsto o peche dunhas 784 camas, aínda que dende o sindicato advirten de que a cifra poderia aumentar. Por áreas sanitarias, a de Coruña é a que máis camas ten previsto pechar, con 206, seguida da de Vigo, cun total de 170 peches.

Pola súa banda, a área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, pechará un total de 134 camas, das que 68 corresponderían ao Hospital Lucus Augusti, 38 ao Hospital da Costa e 28 no Hospital Comarcal de Monforte.

A área sanitaria dee Santiago ocuparía a cuarta posición, onde está prevista a clausura de máis de cen camas, seguida de Pontevedra, con 92 peches, e Ferrol, con 70 peches.

A área sanitaria de Ourense será a única de toda Galicia que manteña todas as camas operativas durante o verán, ao igual que ocorreu o ano pasado.

SATSE denuncia a insuficiencia de persoal nos hospitais durante os meses de verán

O Sindicato subliña que, un ano máis, as administracións públicas non cubriron o total das vacantes por período vacacional, baixas por enfermidade e outro tipo de situacións que requirirían substituír ao persoal, o que conleva un aumento da sobrecarga laboral para as enfermeiras que traballan os meses de verán.

Respecto diso, SATSE apunta que “as porcentaxes de substitución do persoal non son datos absolutos, pois ven “maquillados” precisamente por ese peche de camas e servizos, que en realidade ten como obxectivo aforrarse substitucións movendo ao persoal dun servizo a outro”

SATSE advirte que o peche de camas e a suspensión de consultas, probas e intervencións cirúrxicas ten unha incidencia directa no incremento das listas de espera dos últimos anos. Respecto diso, afirma que podería aproveitarse o período estival para reducir as listas de espera, pero, por contra, atrásase aínda máis o tempo que deberán esperar as persoas.

 

 

 

 

0.19920897483826