Os refuxios climáticos, unha posible solución para loitar contra o calor en Ourense
Ourense é unha das cidades españolas con maior estrés térmico e coas temperaturas máis altas durante os meses de verán, polo que é importante atopar novas fórmulas e modos de adaptación ao aumento das temperaturas, cada vez máis pronunciado debido ao cambio climático.
Por este motivo, a cidade foi elixida fai poucos meses como un caso de estudo para diagnosticar o confort térmico do edificio a través dun protocolo participativo de medición.
A calor constitúe un desafío para o futuro dos ecosistemas naturais, pero tamén para a habitabilidade dos espazos urbanizados e as infraestruturas. O aumento das temperaturas pode comprometer o equilibrio dos ecosistemas e propiciar a aparición de novas doenzas, pero tamén a aparición da calor como factor de vulnerabilidade da vida na cidade trae retos que é preciso afrontar de forma urxente.
Os refuxios climáticos son espazos accesibles que nos protexen fronte ás altas temperaturas do verán e que, inda que están destinados especialmente ás persoas máis vulnerables á calor, están aberto a toda a cidadanía.
As galerías comerciais da cidade poderíanse converter nun refuxio climático
Na cidade de Ourense, os populares veñen tempo esixindo que se elabore un Plan Municipal de Refuxios Climáticos para facer fronte ás temperaturas extremas, ao considerar que "as consecuencias de afrontar a calor sen refuxios son realmente preocupantes”.
O pasado verán Ourense bateu récords a nivel europeo rozando os 43.3ºC e cunha alerta vermella activada. Durante este mes de agosto, as olas de calor veñen repetíndose semana tras semana en toda a provincia, deixando medias superiores aos 36 graos.
Por iso, unha das propostas populares foi promover o uso das galerías comerciais instalando mobiliario urbano e infraestruturas verdes nas zonas comúns, así como intervir en espazos públicos, incluíndo sombreado a través de elementos téxtiles, adaptar lugares municipais, como as bibliotecas, como refuxios cubertos.
Pola súa banda, o Concello de Ourense, anunciaba en 2022 que a súa intención era plantar 10.000 árbores en Ourense para intentar mitigar o das altas temperaturas durante o verán, que no mes de agosto dese mesmo ano superaron os 44 graos.
Sen embargo, a medida quedou nunha promesa, xa que o Concello non plantou ningunha das árvores prometidas. Ao contrario, este mesmo venres, 9 de agosto, os socialistas ourensáns denunciaban a tala de árboras na avenida Alfonso Rodríguez Castelao. Unha actuación que chega, precisamente, cando a cidade atópase baixo aviso por altas temperaturas.
O Campus Universitario, un dos lugares máis frescos da cidade
O Campus de Ourense destaca polo seu compromiso pola conservación do medio ambiente a biodiversidade dentro da capital ourensá, e grazas á enorme poboaión de árbores coa que conta, é un dos mellores lugares da cidade para evitar o calor extremo.
Actualmente, o campus é case un xardín botánico, o converte nun dos espazos máis valorados polos ourensáns, especialmente nos meses de calor. Actualmente conta con 180 especies distintas repartidas entre a parte antiga, a máis poboada, e o campus novo, con 4,5 hectáreas de zonas axardinadas e 1,5 de zonas naturalizadas.