Ourense aprobará o primeiro Programa de Termalismo para Nómades Dixitais

OurenseXa
A Deputación estuda tamén un programa de termalismo personalizado para lesionados medulares, recuperacións de accidentes cardiovasculares e persoas que sufrisen ictus
Asemblea Constitutiva e XVII Encontro da Sección de Entidades Locais con Augas Minerais e Termais da Federación de Municipios e Provincias de España f
Asemblea Constitutiva e XVII Encontro da Sección de Entidades Locais con Augas Minerais e Termais da Federación de Municipios e Provincias de España
14 Xuño 2024

A Asemblea Constitutiva e XVII Encontro da Sección de Entidades Locais con Augas Minerais e Termais da Federación de Municipios e Provincias de España foi inaugurada esta mañá no Iberik Gran Balneario de Guitiriz (Lugo). O presidente provincial, Luis Menor, que durante a presente lexislatura ostenta tamén a Presidencia desta sección da FEMP, foi o encargado de inaugurar estas xornadas, xunto á alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, e a representante da Secretaría de Estado de Turismo, María Velasco.

Menor articulou o seu discurso ao redor da importancia da cooperación e colaboración como eixos fundamentais do desenvolvemento termal, “non só entre administracións, senón entre as propias vilas”, puntualizou, avanzando que nestas xornadas crearase un convenio tipo ao dispor dos 77 membros que conforman esta sección da FEMP.

Tamén anunciou o presidente a intención de crear un grupo de traballo de Vilas Termais durante estas xornadas de traballo que identifique e avalíe programas públicos de termalismo de ámbito local, provincial e autonómico, “co obxectivo de darlle maior visibilidade aos mesmos e traballar na transferencia de boas prácticas”.

Neste sentido, argumentou tamén a importancia que ten para o sector e para os balnearios o Programa do IMSERSO, “por iso avanzaremos na creación da Mesa Vilas Termais-Balnearios, cuxo obxectivo será recoller todas as propostas de mellora expostas e que a FEMP as traslade directamente ao ministerio competente”.

Termalismo de saúde

Precisamente, Luis Menor recalcou que “as Vilas Termais temos unha importante responsabilidade social, xa que posuímos un recurso que se debe poñer en valor, non só en termos de turismo termal, senón en termos de saúde”, lembrando que desde a Deputación de Ourense están a desenvolverse e cofinanciando programas de termalismo personalizado (para persoas en soidade non desexada e para persoas con diversidade funcional), “e estamos a estudar a próxima posta en marcha dun programa para lesionados medulares, para recuperacións de accidentes cardiovasculares e para persoas que sufrisen ictus. Debemos entre todos intensificar os nosos esforzos no benestar emocional e a saúde mental dos nosos veciños”.

Destinos de gran potencial

Luis Menor tamén disertou achega do gran potencial e atractivo das Vilas Termais con visitantes cada vez máis preocupados polo benestar. Por iso, explicou que cada vez cobra máis relevancia a xeración de experiencias integrais máis completas,“capaces de combinar o potencial terapéutico das augas termais co doutros recursos gastronómicos, naturais, culturais e deportivos dispoñibles entre outros moitos, ao longo dunha rede cunha ampla oferta complementaria.

“Unha combinación, baseada na colaboración e a cooperación, que non só dá lugar a destinos máis ricos e interesantes, senón que tamén permite estender os beneficios socioeconómicos dun recurso tan especial como a auga termal. De aí sinalou a importancia de “traballar na sustentabilidade e dixitalización como eixos principais, aproveitando a colaboración en rede para ser máis fortes e resilientes”, sinalou.

Nómades dixitais

Neste contexto, Luis Menor proclamou a gran oportundiad que supón xerar experiencias e ofertas para novos perfís, polo que propón ás Vilas Termais que se posicionen como destino para os nómades dixitais: “así o imos a facer para as vilas da provincia de Ourense, e ertaría encantado de que esta puidese ser unha estratexia compartida con todos os membros da sección da FEMP”. De feito, avanzou que a Deputación de Ourense aprobará na Xunta de Goberno da próxima semana o primeiro Programa de Termalismo para Nómades Dixitais, cuxa primeira convocatoria de lanzará en xullo. “Os primeiros nómades que abran a súa oficina e traballen desde un balneario farano no mes de setembro”, anunciou, e os resultados desta primeira experiencia piloto presentaranse no Congreso de Archena.

0.18917798995972