Ourense continúa o seu programa cooperacional internacional para médicos en Mozambique
O Hospital Universitario de Ourense despide hoxe a Angelino Nhancale, médico residente do Hospital central de Maputo, (Mozambique), que ven de completar a súa formación especializada no marco dun programa de cooperación do Ministerio de Sanidad, liderado pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) e xestionado pola Fundación CSAI, coa que a nosa Área Sanitaria ven colaborando desde hai anos en distintos proxectos solidarios. Ao mesmo tempo recibe tamén a outro médico residente do mesmo Hospiral mozambiqueño, Aurelio Francisco Senda, que inicia tamén o seu programa formativo.
Angelino Nhancale, residente de cuarto ano de traumatoloxía e cirurxía ortopédica que se despide hoxe, chegou no mes de febreiro a Ourense dando o relevo ao seu compatriota Manuel Revelino Mujovo, primeiro residente que aterrou en Ourense, salienta que “foron seis meses de moitas cirurxías nas que participei enfocándome na artoplastia da cadeira e todo o relacionado ca patoloxía do ombreiro o que me facilitará unha maior experiencia no tratamento cirúrxico da poboación mozambicana”. Tamén considera importante a súa experiencia na área de consultas externas polo “seguimento dos pacientes no preoperatorio e postoperatorio, que en Ourense e Galicia teñen un peculiaridade en canto a idade media xa que teñen un perfil máis envellecido que a poboación que atendemos en Mozambique xa que no meu país a esperanza de vida e considerablemente menor” (83 fronte a 59)
Pola súa banda Aurelio Senda será, polo tanto, o cuarto residente en formación do país africano que acude a cidade de Ourense para continuar o seu plan formativo da Fundación Estatal Saúde, Infancia e Benestar Social (Fundación CSAI), que é o organismo responsable da xestión do Programa de Formación Médica Especializada, que está a facilitar a formación de preto de 8.000 profesionais sanitarios de 15 países. No que respecta a Ourense, ata o de agora foron tres traumatólogos e unha anestesista os residentes que estiveron adheridos a este programa de cooperación no hospital universitario ourensán.
Estes residentes mozambiqueños deben permanecer seis meses formándose nas súas respectivas especialidades, guiados polos titores e colaboradores docentes, nun itinerario formativo coordinado pola xefa do Servizo de Neurocirurxía, Ana Pastor, colaboradora en proxectos de fortalecemento das capacidades do Sistema Nacional de Saúde en Mozambique e Níxer, tamén da AECID.
Fortalecer a formación dos médicos especialistas
A formación postgraduada en Mozambique ten unha duración similar á de España, e con esta estanza os profesionais benefícianse do acceso a novas tecnoloxías e procedementos de recente implantación, moi especialmente daqueles minimamente invasivos, como no caso da traumatoloxía a artroscopia, polo que a súa volta convertiranse a súa vez en formadores.
A xefa do servizo de Neurocirurxía de Ourense, Ana Pastor, leva sei anos participando no proxecto de cooperación para a formación de especialistas e fornecemento dos sistemas de saúde de Níxer da Fundación CSAI, e máis recentemente, desde 2021, de Mozambique.
Durante este período viaxou en numerosas ocasións a Níxer, como membro do equipo español, colaborando especialmente na formación do manexo de pacientes politraumatizados, na que Ourense é referente nacional como sede dos cursos de ATLS, ademais de formadora de formadores para ir ampliando a base asistencial do propio país na atención desta problematica que presenta unha alta incidencia e mortalidade, dada a súa alta siniestrabilidade e poboación xoven.
Cooperación internacional e solidariedade
Esta liña cooperación conta co pleno apoio da dirección e os seus equipos docentes. Mostra deste compromiso, unha delegación da Fundación CSAI, liderada pola súa coordinadora xeral, Marieta Iradier, visitou o pasado ano o Hospital Universitario, onde se reuniron cos profesionais ourensáns e a dirección para agradecer a colaboración e explorar novas posibilidades de traballo conxunto, que se consolidan coa actual estanza formativa de especialistas en formación.
Grazas a esa experiencia e á implicación da Xerencia da Área Sanitaria, o pasado ano un médico e un enfermeiro do Hospital Nacional de Niamei (Níxer) compretaron unha estadía dun mes no Hospital Público de Verín onde, foron titorizados por profesionais dos servizos de urxencias e cirurxía xeral.
Tamén no pasado mes de decembro as médicas do CHUO Pilar Garzón e Conchi Alonso participaron en Mozambique noutro proxecto de cooperación internacional impulsado pola Asociación Española de Cirurxía (AEC) centrado no tratamento de pacientes politraumatizados , que tivo como obxectivo formar a médicos do país para que logo poidan incorporar cambios no seu traballo diario con este tipo de enfermos.