Ourense destina máis de 230.000 euros ao fomento da conciliación da vida laboral e familiar na provincia

OurenseXa
Os PAI que contarán con financiamento provincial neste 2024 son os de: Boborás, Carballeda de Valdeorras, Melón, A Peroxa, Ramirás, Riós, San Cristovo de Cea, Sandiás, Vilar de Santos e Vilariños de Conso
pazo-provincial-deputacion-de-ourense-recurso
Pazo Provincial da Deputación de Ourense
22 Xuño 2024

A Deputación de Ourense, a través do Programa BenOurense Infancia, vén de aprobar a concesión de axudas ás entidades locais que presentaron proxectos para a conciliación da vida personal e laboral.

O BenOurense Infancia – PAI é un programa de cooperación provincial a través do cal a Deputación concede axudas ás entidades locais para o mantemento dos Puntos de Atención á Infancia que son aqueles establecementos de carácter diúrno e de titularidade municipal, situados en concellos de menos de 5.000 habitantes e encadrados nos servizos sociais comunitarios específicos dos concellos, que teñen como fin prestar apoio aos pais, nais, titores/as e gardadores/as dos nenos e nenas entre 3 meses e 3 anos.
O reparto económico do orzamento deste programa realízase entre todos os concellos adheridos e tendo en conta a clasificación que cada entidade local teña en atención á “perspectiva de reto demográfico”. O orzamento destinado para este exercicio ascende aos 115.000 euros que se reparten entre os dez concellos da provincia que teñen un PAI de titularidade e xestións municipal que solicitaran dita axuda.

Esta axuda irá destinada a sufragar os gastos de persoal, de mantemento dos centros e demais gastos inherentes aos servizos prestados dentro dos PAI. Deste modo, todos os concellos beneficiados deste programa recibirán con carácter anticipado, antes do 30 de xullo, o 80% do importe da axuda concedida, quedando pendente o 20% restante que se abonará no momento posterior á xustificación.

Os PAI que contarán con financiamento provincial neste 2024 son os de: Boborás, Carballeda de Valdeorras, Melón, A Peroxa, Ramirás, Riós, San Cristovo de Cea, Sandiás, Vilar de Santos e Vilariños de Conso, é dicir, o 100% dos que solicitaron esta axuda.

Apoio á conciliación e aos programas complementarios de atención á infancia

Este programa de cooperación recoñece axudas aos concellos de menos de 20.000 habitantes para programas de conciliación, que teñan titularidade municipal, e desenvolvan funcións de atención e coidado para nenos e nenas entre 3 e 12 anos, actuando como soporte e apoio ás familias e contribuíndo á conciliación da vida laboral e familiar.

A través deste Programa, a Deputación subvenciona a un total de 47 concellos (dos 48 que presentaron proxecto) que teñen ou van a ter en funcionamento neste 2024 un servizo complementario de atención á infancia, tanto para os servizos que se prestan, cando menos cinco días á semana durante o período escolar, como aqueles servizos que se poñen en funcionamento para facilitar a conciliación laboral e familiar durante as vacacións escolares dos menores, principalmente nos meses de xullo e agosto.

Das 47 entidades locais da provincia que obtiveron subvención por este Programa, 22 de eles foron para servizos de conciliación laboral e familiar desenvoltos durante o período escolar e que adaptan o seu horario ás necesidades das familias antes ou despois da entrada ou saída dos centros escolares. Ademais, 21 concellos reciben subvención para servizos complementarios co obxectivo de facilitar a conciliación durante as vacacións escolares dos menores, e 4 entidades locais reciben axudas para servizos que funcionan todo o ano.

Estas axudas son para subvencionar gastos de persoal, gastos de mantemento dos centros e demais gastos inherentes aos servizos prestados dentro do servizo complementario.

0.20535707473755