Ourense impulsa a Atención Primaria integrando aos centros de saúde no tecido sociosanitario

OurenseXa
Durante o pasado ano 2023 levaronse a cabo 908 intervencións de saúde comunitaria
obradoiro_cociña_saudable_ourense
Obradoiro de cociña saudable
12 Apr 2024
5.900 ourensáns e ourensás de todas as idades participaron, no que vai de ano, nunha das 332 intervencións de saúde comunitaria organizadas polo persoal de atención primaria, para mellorar e manter a saúde, fomentar a prevención ou coidado da enfermidade nos barrios, concellos, colexios ou colectivos de pacientes de cada centro de saúde.
A prevención e a promoción son pilares básicos do noso sistema sanitario, empoderar os pacientes, facelos corresponsables das decisións que afectan á súa saude, traballar ca comunidade, sair das catro paredes dos centros de saude é, unha necesidade prioritaria, sinalan dende o Sergas.
Dende os centros de saúde da Área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, levan traballando anos en esta dirección, traballo que se veu reforzado ca elaboración dos plans de saúde local, a posta en marcha da estratexia de saúde comunitaria, ou a incorporación de novas categorías profesionais como son as dietistas-nutricionistas.
Proba de elo é que durante o pasado ano 2023 levaronse a cabo 908 intervencións de saúde comunitaria (máis de 1500 horas adicadas a saúde comunitaria), levadas a cabo por máis de 100 profesionais (enfermeiras, médicos, especialistas en enfermeria familiar e comunitaria, enfermeiras especialistas en pediatría e saúde mental, matronas, fisioterapeutas, hixienistas dentais, traballadoras sociales, nutricionistas, residentes, PSX, farmacéuticos, odontólogos, técnicos de raios...ca colaboración de alumnos de enfermería e outros profesionais como técnicos de emerxencias sanitarias) e nos que participaron 18.391 persoas de todas as idades, ainda que maoiritariamente nenos e mozos.
Este altísimo volume de intervencións converten aos profesionais de Ourense en referentes nesta liña de traballo, e as iniciativas non deixan de crecer de ano en ano, refrendadas polos resultados en saúde, e pola propia satisfacción de participar de pacientes e profesionais, que procuran o tempo para sair do centro de saúde e traballar coa comunidade -nas necesidades de saúde detectadas en consulta- nun ambiente que favorece o intercambio de coñecementos e afianza a relación profesional-paciente.

Estratexia de saúde comunitaria

A aprobacion da estratexia galega de saúde comunitaria no pasado xuño do 2023, co fin de reforzar as accións de promoción da saúde dende atención primaria contemplaba a creación de unha rede de referentes co fin de reforzar a estrutura organizativa da saúde comunitaria, nomeou a enfermeira Verónica Civeira como a referente de Área e a outros dezanove profesionais de enfermaría como referentes de saúde comunitaria das diferentes servizos de atención primaria da nosa área sanitaria.
Ademais de potenciar os proxectos de promoción da saúde, a estratexia galega está a promover a docencia e a investigación en atención primaria na saúde comunitaria, por parte dos profesionais de atención primaria e, especialmente, do persoal residente en formación. Estase a elaborar un protocolo para “prescrición” de activos comunitarios, a elaboración do programa galego de saúde escolar e o programa galego de prevención da fraxilidade.
Neste programa de saúde escolar a área sanitaria ourensá é un referente a nivel galego xa que leva varios anos traballando en colaboración cos colexios a través de distintos programas de educación para a saúde. Asemade o mes de agosto de 2023 púxose en marcha un programa de prevención da fraxilidade e dende entón, estanse levando a cabo cursos de formación dos profesionais, así como, o cribado e prevención en consulta e en viviendas comunitarias.
Ademais estanse a ofertar de xeito periódico multitude de obradoiros desde os centros de saúde. En Novembro puxéronse en marcha as escolas de saúde en todos os servizos de atención primaria da área, a través das mesmas ofértanse de forma programada, e con carácter trimestral, diversos obradoiros de educación para a saúde, baseados en necesidades detectadas por os profesionais ou percibidas por os propios pacientes, e que están abertos a toda a poboación.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.091707944869995