Ourense terá a súa propia “feira de Sevilla”

Ourense prepárase para recibir o vindeiro 30 de maio o evento “La Feria del Paripé”, unha especie de “feira de Sevilla” que se celebrará no Campo da Feira e ofrecerá un “tardeo” de música e actividades ao aire libre. A actividade, que conta coa colaboración do Concello de Ourense, desenvolverase entre as 17:00 e a 01:00 horas.
Durante a xornada, as persoas asistentes poderán gozar de rumba e sevillanas interpretadas en directo, xunto cunha selección de temas actuais.