Papá Noel visita este venres aos nenos e nenas de San Cibrao das Viñas

Será a partir das 17:00 horas e haberá reparto de agasallos
papa-noel
19 Dec 2025

Este venres, no Pavillón Municipal de San Cibrao das Viñas, terá lugar unha visita moi especial. Papá Noel chegará para repartir agasallos aos nenos e nenas do municipio. A actividade comezará ás 17:00 horas e a entrega de agasallos prolongarase ata as 20:00 horas.

Dende o Concello lembran que para poder recibir o agasallo será imprescindible levar o tícket correspondente. Ademais, durante o evento haberá festa con chocolate, inchables e a posibilidade de facerse fotos con Papá Noel.

⚙ Configurar cookies
0.087548017501831