Papá Noel visitará aos nenos e nenas de Amoeiro este sábado

OurenseXa
Estará pola tarde no Campo do Souto acompañado dos seus elfos
NADAL-xenerica-papa-noel
19 Dec 2025

Papá Noel fará parada en Amoeiro esta fin de semana para compartir a tarde coa rapazada do concello. A cita será o 20 de decembro, a partir das 17.00 horas, no Campo do Souto, onde estará acompañado dos seus elfos.

A visita enmárcase nas actividades de Nadal organizadas no municipio e permitirá que os nenos e nenas poidan achegarse a Papá Noel, saudalo e vivir un momento especial propio destas datas. Ademais, todos os asistentes máis pequenos recibirán un agasallo sorpresa.

Dende o Concello animan ás familias a participar nesta proposta pensada para o público infantil.

⚙ Configurar cookies
0.082283020019531