Papá Noel visitará aos nenos e nenas do Pereiro de Aguiar este martes

OurenseXa
Será pola tarde e, ademais da recepción oficial, haberá unha sesión de contacontos a cargo de Trémola Teatro
papa-noel
22 Dec 2025

Os nenos e nenas do Pereiro de Aguiar terán a oportunidade de coñecer a Papá Noel este martes, 23 de decembro, no edificio do Centro de Maiores dos Gozos. A visita terá lugar entre as 16:00 e as 18:00 horas.

Para rematar a xornada, a partir das 18:00 horas no Salón de Actos de Dos Gozos, celebrarase unha sesión de contacontos de Nadal a cargo de Trémola Teatro. A compañía presentará o espectáculo “En busca de Papá Noel”, unha proposta dirixida a público familiar que combina maxia, diversión e espírito do Nadal a través dunha historia pensada para entreter tanto á cativada como ás persoas adultas.

⚙ Configurar cookies
0.088574171066284