Pereiro de Aguiar abre as inscricións para apuntarse na excursión a Pazolandia

O Concello de Pereiro de Aguiar abriu o prazo para inscribirse na excursión a Pazolandia, que terá lugar o 27 de decembro. As reservas faranse só a través de WhatsApp, no número 685 528 538, debendo incluír o nome e apelidos do neno ou nena.
A entrada á instalación será en grupo, polo que os nenos deberán estar ás 11 da mañá xunto ás caixas. Haberá persoal do Concello encargado de introducilos no recinto.
Dende o Concello recomendan aos pais ou nais acompañantes que mercen as entradas con antelación para evitar esperas e colas. Ademais, lembran que as entradas son limitadas e que a inscrición farase por estrito orde de mensaxe.