Pereiro de Aguiar abre unha nova data para visitar Pazolandia debido á alta demanda

O Concello de Pereiro de Aguiar anuncia unha nova data para a excursión a Pazolandia debido á alta demanda para a primeira quenda.
A segunda visita será o 3 de xaneiro e, como na ocasión anterior, as inscricións realizaranse exclusivamente por WhatsApp no 685 528 538 e atenderanse por orde estricta de inscrición. Terán preferencia os nenos e nenas que quedaron en lista de reserva na primeira convocatoria. Esta nova data está dirixida só a quen non puideron asistir anteriormente.
As entradas para os nenos serán de balde, pero os adultos acompañantes deberán mercar a súa entrada con antelación.