Preto de 200 profesionais participan en Ourense no XI Congreso da Sociedade Galega de Calidade Asistencial
Ourense acolle este xoves o XI Congreso da Sociedade Galega de Calidade Asistencial baixo o lema “Tecendo lazos e superando barreiras”, cun acto inaugural nos que estarán presentes o xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada Jordal, da área sanitaria, Santiago Camba Bouzas, o Vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense , Rosendo Luis Fernández, e a Presidenta do Comité Organizador , Rebeca Gómez Espinosa.
Esta reunión organizada pola Área de Calidade da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras agrupará en Ourense a case douscentos profesionais de diversos servizos e unidades de todas as áreas sanitarias de Galicia e fará un percorrido sobre a calidade asistencial e os puntos de mellora baseados na experiencia dos profesionais, a voz do paciente xunto á innovación e as novas tecnoloxías.