Raigame alcanza a súa 21ª edición situándose como “un dos tesouros etnográficos de Ourense”

OurenseXa
Vilanova dos Infantes volverá a albergar a romaría etnográfica máis importante da provincia o vindeiro 17 de maio
presentacion-romaria-raigame-2024
Presentación da XXI Romaría Raigame
9 Maio 2024

Como cada 17 de maio, Vilanova dos Infantes volverá a viaxar no tempo para poñer en marcha Raigame, a romaría etnográfica que poñen en marcha a Deputación (a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo), o Concello de Celanova e a veciñanza de Vilanova.

Para presentar a 21ª edición desta singular romaría compareceron na sala de prensa da Deputación o presidente provincial, Luis Menor; o alcalde de Celanova, Antonio Puga; e o responsable do CCP Xaquín Lorenzo, Xavier Álvarez. Precisamente, Menor proclamou que “Raigame é un dos tesouros etnográficos da nosa provincia e, como tal, desde a Deputación mimamos esta cita como se merece”, agradecendo ademáis o excelente traballo realizado desde o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo neste eido.

Logo de dar a coñecer todos os detalles da edición deste ano de Raigame, Luis Menor recalcou que, sen dúbida, “estamos ante unha cita magnífica para disfrutar dun festivo tan especial como é o Día das Letras Galegas. Graciñas á organización polo seu empeño de seguir subindo o nivel de Raigame ano tras ano, algo que non é fácil pero que gracias ao traballo ben feito supéranse en cada edición”. Puxo en valor tamén a cooperación de organismos como o Concello de Celanova, a Axencia de Turismo de Galicia e Abanca, representada pola directora de zona en Oujrense, Rosana Neira; e polo coordinador de Banca Istitucional da entidade, Mateo Alonso San Román.

Pola súa banda, o alcalde de Celanova, Antonio Puga, valorou a crecente importancia de Raigame debido a que cada ano hai maior demanda de postos que desexan participar “pero non podemos atender todas as peticións porque o espazo no burgo é o que é” e convidou a “que nesta ponte festiva veñan todos a disfrutala a Vilanova dos Infantes”. Tamén lembrou

No que atinxe ao apartado técnico desta celebración, Xavier Álvarez fixo un repaso dos aspectos programáticos da romaría, onde tamén haberá un destacado protagonismo para os máis cativos, coa presenza dos Bolechas nun evento “que pretender darlle valor á cultura popular e aos seus produtos tradicionais”.

Seguindo a tradición de dedicar cada edición da Romaría Etnográfica Raigame a unha actividade ou oficio con raíces na cultura popular, e despois de ter en anteriores ocasións como tema central o afiador, os segadores, os fotógrafos ambulantes, a gandeiría, os canteiros, os oleiros, entre outros moitos, nesta edición a organización de Raigame decidiu dedicarlla aos doces e a repostería tradicional, para o que preparou unha serie de actividades relacionadas co tema: exposición, degustación e venda de doces tradicionais, obradoiros e concursos.

Visitas guiadas como unha das novidades

Entre outras novidades que trae a Romaría Etnográfica Raigame 2024, a Asociación “ViaxaMos no Tempo”, organizará visitas guiadas por Vilanova dos Infantes relacionadas cos traballos dos canteiros e nas que os participantes poderán visitar a vila baixo a ollada dun canteiro e coñecer os diferentes elementos construtivos que podemos atopar nos seus rueiros.

A programación complétase con animación de rúa con 23 grupos de Ourense, Pontevedra, Lugo e Portugal; así como monicreques, teatro, maxia, cantos de cego, etc; obradoiros diversos; actuacións musicais da Banda de Vilanova e a Coral de Ruada, así como dos Danzantes de Vilanova e máis de 20 grupos de música tradicional coas actuacións da Escola Provincial de Danza e o grupo Castro Floxo da Deputación; a entrega do premio honorífico “Adolfo Enríquez” a Concepción Fernández, irmá de Virxinia e María, “As isoliñas”, que durante máis de 50 anos estiveron producindo e vendendo os seus famosos “bolos” en Celanova.

Respecto ás cifras de Raigame, atoparanse 58 postos no interior do Burgo, dos que 41 serán artesáns con demostracións en vivo, 7 postos de produtos tradicionais de alimentación, 10 tabernas. E no exterior do burgo haberá tamén 28 casetas de comida e outras tantas de artesanía.

0.21706104278564