San Cibrao das Viñas celebra este sábado o seu Concerto de Nadal

Estará a cargo da Banda de Música Municipal de San Cibrao das Viñas e será aberto e gratuíto para toda a veciñanza
concerto-de-nadal-san-cibrao
19 Dec 2025

Este sábado 20 de decembro, a Banda de Música Municipal de San Cibrao das Viñas ofrecerá o seu tradicional Concerto de Nadal. O evento, organizado polo Concello, celebrarase ás 11:30 horas na igrexa de San Cibrao.

Trátase dunha actividade aberta a toda a veciñanza, que busca compartir a música e o espírito do Nadal nun ambiente de tradición local.

⚙ Configurar cookies
0.080793857574463