San Cibrao das Viñas celebra este sábado o seu I Festival de Bandas

A Asociación Amigos da Música de San Cibrao das Viñas, en colaboración co Concello, organizan este sábado, 14 de decembro, o I Festival de Bandas de San Cibrao das Viñas. Unha cita para toda a familia coa que se pon en valor a música tradicional e o importante labor cultural que levan a cabo as agrupacións musicais da provincia.
O festival arrancará as 18.00 horas na Igrexa de Ponte Noalla e contará coa participación da Banda de Música de Verín, a Agrupación Musical de Boborás e, como non podía ser de outra forma, a Banda Municipal de San Cibrao das Viñas.