San Cibrao das Viñas organiza un curso de restauración

As inscricións están abertas desde este luns ata o vindeiro 27 de febreiro e o curso desenvolverase entre marzo e maio
curso-restauracion-san-cibrao
23 Feb 2026

O Concello de San Cibrao das Viñas abre o prazo de inscrición para un curso de restauración dirixido a persoas empadroadas no municipio, que se desenvolverá de marzo a maio.

Ao longo da formación, as persoas participantes aprenderán distintas técnicas, entre elas envellecido con pátinas, decoupage, realización de molduras, dourado con pan de ouro e policromía de imitación de óxidos.

As clases impartiranse os luns de 16:00 a 18:00 horas no Edificio Multiusos de Ponte Noalla e os martes, no mesmo horario, no Centro Social de San Cibrao das Viñas.

0.11018991470337