San Pedro de Rocas, un dos mosteiros máis antigos de Galicia situado no concello de Esgos
O Mosteiro de San Pedro, situado no concello de Esgos, en pleno corazón da Ribeira Sacra ourensá, destaca por ser un dos máis antigos de toda de Galicia e incluso de toda España.
En 1923 foi declarado Monumento Histórico Artístico e, máis tarde, Ben de Interese Cultural, non só grazas a súa antigüidade, senón tamén polas súas singulares características que o converten nun dos lugares de visita obrigada para todo aquel que queira coñecer a provincia de Ourense.
A súa construcción data de antes do século VI, inda que non se sabe con certeza a data concreta. A teoría máis extendida e que construiuse no ano 573, debido a unha inscición atopada nunha lápida da Igrexa, custodiada actualmente polo Museo Provincial de Ourense.
Como indica o seu nome, San Pedro de Rocas está excavado na propia roca, o que lle confire un carácter único e de valor incalculable.
O conxunto arquitectónico estivo activo ata aproximadamte o século VIII, logo da chegada dos árabes á península, paralizando a súa actividade ata finais do século IX.
A edificación sufriu varios incendios e derrumbes que provocaron que fose finalmente abandonado a principios do século XX. Agora, grazas á súa declaración como Ben de Interese Cultural en 1999, atópase totalmente conservado para que os visitantes poidan gozar das vistas dun dos lugares con máis historia da provincia de Ourense.