San Salvador de Celanova, moito mais que un mosteiro

OurenseXa
O Mosteiro de San Salvador de Celanova foi o centro comercial, social e cultural da comarca durante varios séculos e, hoxe, alberga desde a casa do Concello ata un instituto
Claustro-barroco-celanova
Claustro do Mosteiro de San Salvador de Celanova
21 Jul 2024

En pleno corazón de Celanova atópase unha das construcións máis importantes e con máis historia da provincia de Ourense. Trátase do Mosteiro de San Salvador de Celanova, fundado por San Rosendo no ano 936 nas que eran as terras do seu irmán, o conde Froilán Gutiérrez.

Durante varios séculos o lugar foi o centro comercial, social e cultural da comarca. No século XIX, o lugar foi abandonado e pasou a ser propiedade do concello. A partir de ahí, as instalacións comezaron a ser usadas para distintos fins, chegando a ser utilizado como prisión durante a Guerra Civil. Na actualidade, o Mosteiro acolle a Casa do Concello, unha biblioteca, unha oficina de turismo, un instituto de educación secundaria e o Servizo Galego de Colocación.

Sen dúbida, un dos principais atractivos desta impresionante construción, cuxa remodelación valeulle o premio Europa Nostra na categoría de conservación no ano 1983, é o Claustro do Mosteiro. Este espazo destaca por albergar as máis importantes citas culturais do concello, como o Festival ‘Rock entre Pedra e Poesía’.

Ademáis do claustro, a Igrexa é outro dos grandes atractivos turísticos deste moumento, cuxa fachada preside a Praza Maior da Vila, e na que podemos atopar grandes tesouros como o órgano ou a capela de San Miguel.

0.17474985122681