Soledad Cameselle, médica de Oncoloxía do CHUO, premio á investigación nas xornadas de investigación biomédica
As xornadas de investigación biomédica remataron esta fin de semana en Ourense coa entrega dos premios e mencións especiais aos mellores resultados obtidos e os proxectos futuros nos que participa o persoal investigador clínico da área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras e sentou as bases para un intercambio de ideas con vistas a promover a colaboración entre disciplinas.
No que respecta aos traballos premiados, Soledad Cameselle García, médica do Servizo de Oncoloxía do CHUO , acadou o premio ao mellor proxecto de investigación doutado con 10.000 euros co traballo “Uso de proteómica para determinación de biomarcadores en cancro colorrectal precoz”. Nesta categoría de proxectos houbo dos accésit: para Astrid Irene Díez Martín, técnico superior da Unidade de Investigación da área sanitaria, polo traballo “Impacto do sexo nos resultados dun programa poboacional de cribado de cancro de colon” e para a oncóloga do CHUO, Carme García Benito, polo traballo “ Biomarcadores sanguíneos inmunes para mellorar a predicción da resposta á inmunoterapia no carcinoma de pulmón no microcítico avanzado”.
O traballo premiado terá un período de execución do proxecto será de dous anos que será xestionado desde a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur e deberá presentar na xornada de investigación correspondente os resultados parciais ou finais do proxecto, ao acabar o prazo de execución da beca concedida.
No que respecta o premio á mellor comunicación de resultados doutado con 3.000 euros, ao traballo de Inés Seoane Cruz, médica do servizo de endocrinoloxía do CHUO, acada o premio a mellor comunicación de resultados doutado con 3.000 euros polo “Estudo do impacto de aceite de oliva sobre a diabete mellitus tipo 2 mediante unha intervención dietética”. Nesta categoría de presentación de resultados houbo dos accésit: para Astrid Irene Díez Martín, técnico superior da Unidade de Investigación da área sanitaria, polo traballo “Validación clínica de PolyDeep, un sistema de axuda ao diagnóstico basado en intelixencia artificial” e para a médica de Medicina Intensiva do CHUO , Elena Cuenca Fito, polo traballo “Modelos predictivos de ingreso e mortandade a 3 e 6 meses en pacientes con tumor de órgano sólido que son valorados por UCI”.
Ademais estas xornadas serviron como o escaparate da investigación que se está a desenvolver na nosa área converténdose nun espazo transversal no que estean implicadas todas as especialidades sanitarias, aberta á investigación multicéntrica, traslacional e básica, en especial á realizada coa Universidade de Vigo, na que participan investigadoras e investigadores da nosa Área Sanitaria.
O obxectivo final destes premios é promover a investigación biomédica entre os profesionais clínicos da área Sanitaria, captar aos profesionais másis novos xerando un ecosistema favorable á investigación e facilitar a transferencia dos resultados a publicacións científicas.