Allariz prepárase para unha nova edición da Feira dos Produtos Apícolas

OurenseXa
Unha ducia de postos achegarán este sábado ao público a diversidade dos produtos da colmea
feira-dos-produtos-apicolas-de-allariz
Feira dos Produtos Apícolas de Allariz
12 Sep 2025

Allariz celebra este sábado, 13 de setembro, unha nova edición da Feira dos Produtos Apícolas, unha cita organizada pola Asociación Galega de Apicultura (AGA) en colaboración co Concello que terá lugar na Praza do Matadorio.

Nesta sétima edición participarán unha ducia de postos que achegarán ao público a diversidade dos produtos da colmea: meles de diferentes variedades, pole, própole, cosmética apícola e elaboracións innovadoras ou derivados coma candeas.

A feira non será só un espazo de venda, senón que pretende ofrecer unha experiencia educativa e de concienciación arredor da apicultura e da súa importancia para a biodiversidade, cun programa que combinará tradición, divulgación e actividades para toda a familia.

A xornada porá en valor o traballo dos apicultores e a calidade dos seus produtos, así como o papel fundamental da apicultura na conservación do medio ambiente e na economía local.

⚙ Configurar cookies
0.19238615036011