Todo listo para a primeira edición dos Premios Amoeiro

OurenseXa
A gala de entrega será este sábado no Campo do Souto
presentacion-premios-amoeiro
Imaxe da presentación dos Premios Amoeiro
12 Sep 2025

Este sábado terá lugar a gala de entrega da primeira edición dos “Premios Amoeiro”, unha iniciativa organizada polas empresas Amoeiro Rincón, Avícola Amoeiro e Tanatorio Orensano, coa colaboración do Concello de Amoeiro.

A cita será ás 12:00 horas no Campo do Souto (en caso de choiva trasladarase ao Pavillón Polideportivo) e, dende as 11:00 horasa abrirase un photocall para os asistentes, e a gala rematará cun cóctel de produtos locais.

Estes premios teñen como obxectivo recoñecer a persoas destacadas en áreas como arte, cultura, deportes e educación, así como a representantes do ámbito educativo, alumnado sobresaliente e cidadáns que teñan contribuído de forma positiva á comunidade.
Durante a gala darase a coñecer os gañadores e farase público o recoñecemento ao talento, á dedicación e á implicación na vida local.

O Concello e as empresas organizadoras destacaron a importancia desta iniciativa para valorar o traballo da veciñanza e fomentar a participación e o compromiso coa comunidade, subliñando que se trata dun momento especial para visibilizar o talento e o esforzo local.

⚙ Configurar cookies
0.17803406715393