Transportes adxudica por 111,7 millóns de euros as obras de ampliación da nova estación intermodal de Ourense

OurenseXa
O proxecto impulsa a integración do ferrocarril na cidade, triplicará o espazo da estación para viaxeiros e dotaraa de 11 vías, tres delas de alta velocidade, que se cubrirán parcialmente.
Proxecto_Nova_Estacion_Intermodal_Ourense
1 Feb 2024

O Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible adxudicou, a través de Adif AV/AV, as obras de ampliación e remodelación da nova estación intermodal de Ourense. A actuación representa un investimento de 111,7 millóns de euros e triplicará o espazo para viaxeiros na estación, á que se lle dotará de 11 vías, delas tres de ancho estándar, para responder ao maior tráfico asociado á alta velocidade e a modernización da liña a Lugo.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Alonso, destacou que "o proxecto impulsa a integración do ferrocarril na cidade, triplicará o esparzo da estación para viajeros e dotará de once vías, tres deas de alta velocidade"

O proxecto promove a integración e permeabilidade do ferrocarril na cidade e xera novo espazo para os cidadáns, coa cobertura parcial das vías e a construción dunha nova pasarela peonil. Ademais, preserva e pon en valor o edificio da estación e os seus elementos históricos, como os murais do vestíbulo.

A actuación comporta un gran desafío técnico: abordarase a ampliación e a cobertura parcial das vías de forma simultánea e manterase o tráfico ferroviario e o servizo da estación durante a remodelación.

A estación de Ourense triplicará a superficie do seu edificio de viaxeiros (1.340 m2) coa remodelación do vestíbulo, potenciando a iluminación natural e reabrindo as xanelas da fachada, e a construción dunha nova sala de embarque, acristalada e con vistas á praia de vías, sobre as antigas plataformas 1 e 2.

Esta sala de embarque comunica cun novo paso elevado, cuberto e accesible (con ascensores e escaleiras fixas e mecánicas), que facilita o acceso á zona de vías e plataformas, que será reordenada.

Tamén se remodelarán os accesos da estación: despregarase unha marquesiña de gran altura na entrada principal e cubertas modulares máis baixas no resto da praza de acceso. Ademais, impulsarase a súa integración urbana mediante accesos peonís e de tráfico rodado e a conexión con transportes de última milla.

"A nova estación converterá Ourense nun nodo da movilidade sostible intermodal no noroeste do país. Seguimos dando pasos e avanzando na mellora das infraestructuras clave para o futuro de Galicia", apunta González, que recorda ademáis que "O goberno de Sánchez cumple con feitos cos galegos e coas galegas".

Integración do ferrocarril e máis espazos para os cidadáns

O proxecto comprende a cobertura parcial da praia de vías da estación (desde o paso superior da avenida de Santiago cara ao oeste, ata as cales Ático Noguerol e Alejandro Pedrosa) coa construción de vigas e unha laxa de formigón.

Sobre ela habilitarase un novo espazo urbano: unha zona verde integrada na cidade mediante ramplas e escaleiras. A permeabilidade do ferrocarril complétase cunha pasarela peonil cuberta, dotada de ascensor, que cruzará sobre as vías da estación e substituirá ao paso inferior urbano actual. A actuación contémplase con outras actuacións, como a construción dun novo cambiador de ancho de vía en dirección Santiago e a colocación de pantallas acústicas.

A transformación da estación de Ourense súmase aos traballos realizados na terminal e a súa contorna en 2021, coa chegada da alta velocidade a Galicia. Ademais, súmase ás que Adif aborda noutras estacións da rede galega: Santiago, A Coruña e Lugo.

O proxecto de Ourense enmárcase no convenio subscrito entre Mitma, Adif Alta Velocidade (Adif AV/AV), a Xunta de Galicia e o Concello da cidade, que aúna estación ferroviaria e terminal de autobuses nun mesmo ámbito.

A UTE integrada por Copasa, Construtora San José e Syneox Rail realizará os traballos de ampliación e remodelación.

A construción da nova estación intermodal de Ourense contribúe aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) 9 (fomento de infraestruturas, sostibles, fiables e de calidade), 11 (promoción de accesos a transportes sostibles e cidades inclusivas) e 8 (crecemento económico e xeración de emprego).

A actuación poderá se cofinanciada polo "Fondo Europeo de Desarrolo Regional" (FEDER).


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14715385437012