Últimos días para enviar as fotos ao Concurso de Mecos dos Farrumecos de Sobradelo

A proposta anima a crear un meco, colgalo polas aldeas do concello e participar coas imaxes antes de que peche o prazo, con premios en tres categorías e un lote de Entroido en xogo
XUNQUEIRA AMBIA concurso mecos
6 Jan 2026

A asociación Farrumecos de Sobradelo (Xunqueira de Ambía) chama á participación no seu Concurso de Mecos, unha iniciativa que convida a dar renda solta á imaxinación para encher as aldeas de figuras tradicionais e manter vivo o espírito do Entroido.

O funcionamento é sinxelo: cada persoa participante debe facer o seu meco, colgalo nalgunha das aldeas do concello, sacarlle unha fotografía e facerlla chegar á organización. A proposta inclúe tamén a posibilidade de achegar o meco ata Sobradelo.

A organización lembra que quedan os últimos días para mandar as fotos, xa que o prazo remata o día 20. O concurso desenvolverase ao longo do mes e culminará o vindeiro sábado 24, cando se coñecerán os mecos máis votados.

Haberá recoñecementos en tres categorías: un primeiro premio para visitantes, outro para persoas do concello e un terceiro para a parroquia. O obxectivo, ademais de dinamizar a contorna, é premiar a creatividade cun lote de Entroido para a proposta máis apoiada.

⚙ Configurar cookies
0.081118106842041