Vilanova dos Infantes énchese de música esta fin de semana para celebrar a Romaría da Nosa Señora do Cristal

Vilanova dos Infantes celebra este sábado, 13 de setembro, a tradicional Romaría da Nosa Señora do Cristal. Os festexos, que se estenderán ata o luns, incluirán unha ampla oferta musical con charangas, batukadas, pasarrúas e verbenas para animar á vila.
O programa comezará esta noite cunha verbena a cargo da orquestra Verano Azul, e contará tamén cosas actuacións da charanga Europa e a Batukada Vilatuke.
Xa o domingo as celebracións comezarán ao mediodía cun pasarrúas a cargo da Banda Municipal de Celanova, que tamén amenizará a sesión vermú. A verbena do domingo estará cargo da orquestra Pontevedra e o trío 3.Com.
O luns, 15 de setembro, será o día grande, con misa e procesión pola mañá, seguida dunha sesión vermú a cargo da Banda de Vilanova. As celebracións poñerán fin cunha verbena a cargo do trío Noite do Grove, con sorteo de agasallos incluído.