50 anos de traxectoria do escultor ourensán Xosé Cid

OurenseXa
A exposición "Silencio e Materia", que fai un percorrido pola traxectoria artística do escultor, poderá visitarse ata o 2 de xuño
centro_cultural_marcos_valcarcel_recurso
Centro Cultural Marcos Valcárcel, Ourense
12 Abr 2024

O Centro Cultural Marcos Valcárcel é o escenario escollido polo escultor Xosé Cid para facer un repaso ao seu traballo artístico ao longo dos últimos 50 anos, a través da exposición “Silencio e materia”, comisariada por Rosendo Cid.

Nesta mostra, que ocupa as dúas grandes salas expositivas do centro cultural e na que se poden ver  algunhas pezas de gran formato, o artista presenta traballos en mármore, pedra, madeira, barro ou bronce que dialogan entre si nun espazo que se identifica co silencio.

Tamén pode ollar o espectador diversas fotografías con imaxes de monumentos públicos que Xosé Cid ten espallados pola xeografía galega e diversos debuxos e bocetos que serviron de preludio  para o seu posterior traballo.

Xosé Cid é un dos escultores galegos esenciais no panorama artístico do país e esta exposición convértese nun elemento esencial da oferta cultural ourensá. A mostra poderá visitarse entre o 11 de abril e o 2 de xuño de 2024.

0.085470914840698