Novas de Cartelle
A Maratón de Fútbol Sala de Cartelle volveu resultar todo un éxito
A competición reuniu un ano máis a equipos e afección nunha cita marcada polo deporte, a convivencia e a emoción ata o final
A XXVII Carreira Popular Concello de Cartelle celebrarase o 15 de agosto
A proba, con percorrido principal de 9.000 metros entre Cartelle e Outomuro, contará con categorías para todas as idades
Luis Menor entrega en Outomuro do Veliano de Honra 2026 a Emilio Carlos García Fernández
O presidente provincial participou no acto organizado pola Fundación Carlos Velo, onde destacou o labor do homenaxeado como catedrático e historiador do cinema
Cartelle habilita un novo aparcamento público gratuíto no núcleo de Outomuro
O novo espazo, situado xunto á farmacia, conta con máis de 1.400 m² e busca mellorar a mobilidade e o estacionamento na zona
O Concello de Cartelle abrirá este martes as piscinas municipais
As instalacións funcionarán en horario de tarde durante a tempada de verán, entre as 15:00 e as 21:00 horas
A autora cartellá María García presenta o seu primeiro libro de poemas na Casa dos Poetas
“Señardades da alma” verá a luz o venres 29 de maio nun acto acompañado por Xosé Parente e Armando González
O alumnado de Cartelle participa nunha actividade educativa sobre urbanismo e coidado do territorio
A proposta estivo dirixida ao alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria, que puido coñecer dun xeito práctico e participativo o labor dos chamados “subinspectores urbanísticos”
O PSdeG de Cartelle alerta de atrasos nas operacións oftalmolóxicas e fala dunha “situación límite” para varios veciños
O voceiro socialista, Jesús Pereiras Vázquez, describe unha situación especialmente delicada para persoas maiores con problemas de visión e piden “medidas urxentes”
Cartelle celebra esta fin de semana a VI Festa da Carne ao Caldeiro en Prado de Sande
As celebracións comezan este sábado pola tarde con música e gastronomía
A Xunta e o Concello de Cartelle estudan ampliar a rede de saneamento ata o núcleo de Doniz
Trátase do único núcleo do municipio que aínda non conta con conexión á rede
O PSdeG pide á Deputación de Ourense que se posicione en defensa dos concellos ante a Lei de Administración Local
Instan a defender ante o Parlamento de Galicia a supresión das fusións municipais obrigatorias sen referendo previo e a reformulación dos criterios de reto demográfico, que deixan fóra decenas de municipios ourensáns
A Mancomunidade Terra de Celanova recibiu preto de 45.000 euros para a contratación de mulleres que sofren violencia de xénero
Na última convocatoria, ademais desta mancomunidade, beneficiáronse destas achegas os concellos de Celanova, Ribadavia, Bande, A Veiga, Carballeda de Avia, O Barco de Valdeorras, O Pereiro de Aguiar, Verea, Boborás, Barbadás e a mancomunidade Conso- Frieiras
As persoas maiores de 60 anos residentes na provincia de Ourense poderán participar nun proxecto transfronteirizo sobre lonxevidade
O proxecto comezará nos concellos de Celanova, Verea, Gomesende, Ramirás, Quintela de Leirado, A Merca, Cartelle e Pontedeva, aínda que está aberto á incorporación doutros concellos ourensáns
A Rede Provincial de Auditorios consolídase como motor cultural en Ourense con 56 concellos adheridos
No ano 2025, a Deputación destinou 150.000 euros a esta inicativa, coa que se realizaron máis de 110 actuacións nos distintos espazos culturais, cunha asistencia global que superou os 7.500 espectadores
15 concellos ourensáns súmanse ás zonas tampón pola praga de corentena da flavescencia dourada da vide
As novas zonas afectadas son os concellos de Bande, Cartelle, Castrelo de Miño, Gomesende, Melón, Ramirás, Ribadavia, Entrimo, Lobeira, Lobios, Monterrei, Oímbra, Quintela de Leirado, Verea e Verín
O ‘Circuíto provincial de cine de verán 2025’ achegará 5 películas a 30 concellos ourensáns
As sesións, que se estenderán ata o 30 de setembro, incluirán películas como ‘As Neves’, ‘Antes de Nós – Castelao’, ‘Os demos de Barro’ e a cinta de animación ‘Chicken Run – Amanecer de los Nuggets’
A CHMS mellorará a capacidade hidráulica do río Arnoia e do regato da Abelleira en Cartelle e Celanova
A inversión prevista é próxima aos 60.000 euros e os traballos comezarán a próxima semana
Eventos
OcioenGalicia
Carapuchiña Vermella llega al Teatro Salesianos de Vigo
OcioenGalicia
MusicaV 2026 reúne música clásica, jazz y cine en Vigo
COGAMI e a Mancomunidade Terra de Celanova reforzan a atención ás persoas con discapacidade
Ambos organismos mantiveron unha xuntanza para abordar a situación actual das persoas con discapacidade da comarca
A Xunta declara a erradicación da flavescencia dourada da viña de utilidade pública
A maior parte das zonas afectadas por esta praga están nas provincias de Ourense e Pontevedra
As mancomunidades de Terras de Celanova, Verín, O Carballiño e O Ribeiro verán reforzados os servizos de prevención de incendios
O Consello da Xunta autorizou a sinatura dun convenio de máis dun millón de euros que contempla a entrega de catro máquinas hidrostáticas destinadas á prevención e á extinción de incendios forestais
Eladio Santos destaca a aposta do executivo central coa modernización do Rexistro Civil na provincia de Ourense
O BOE publicou hoxe a entrada efectiva da aplicación informática DICIREG nas oficinas do Rexistro Civil dos partidos xudiciais de Celanova, Ribadavia e Xinzo de Limia
O SPIF e as mancomunidades de Celanova, O Ribeiro, Verín e o Carballiño reciben nova maquinaria de prevención de incendios
Trátase dun total de seis máquinas hidrostáticas polivalentes que teñen como obxectivo facilitar os traballos de roza e limpeza para prevenir lumes forestais
O xeodestino Terras de Celanova-Serra do Xurés presenta en Fitur a súa nova proposta turística
Baixo o nome de “A guía das mouras”, a proposta ofrecerá unha ruta de sendeirismo por cada un dos concellos que integran o xeodestino
A Deputación de Ourense colabora cun total de 46 agrupacións de Protección Civil da provincia
Destináronse preto de 70.000 euros aos grupos de voluntarios de concellos como Pereiro de Aguiar, Cartelle, Manzaneda, Celanova e A Pobra de Trives, entre outros







