A Academia Musical do Pereiro inicia un novo curso da Ourquesta

O sábado 4 de outubro, de 10:00 a 12:00 horas, dará comezo na Academia Musical do Pereiro o novo curso en Ourquesta. Este ano, a oferta amplíase coa inclusión de clases para os máis pequenos, de 4 a 6 anos, que se impartirán no Centro de Día Os Gozos.
As persoas interesadas poderán achegarse para probar o seu instrumento e descubrir o pracer da música.
A actividade conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo, e co apoio do Concello de Pereiro de Aguiar.