A actriz Aurora Maestre recibirá o Premio ASIGE na XXIX edición do Ourense Film Festival

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A actriz, procedente de Monforte de Lemos, recibirá por segunda vez este prestixioso galardón que conmemora os seus 50 anos de traxectoria profesional
Aurora Maestre
Aurora Maestre
20 sep 2024

O Ourense Film Festival 2024 (OUFF) e a Fundación AISGE outorgan o Premio ASIGE á actriz Aurora Maestre, de Monforte de Lemos, coñecida polo seu icónico papel de matriarca de impoñente presenza escénica, dona María de Lantaño, na exitosa serie Rías Baixas, que mostraba os conflitos dunha familia galega, produtora de viño, na súa loita por unha gran herdanza. Na actualidade traballa coa directora de orixe galega, Carla Simón, no seu novo filme ‘Romaría’.

Dende a organización lembran que Mestre xa recibiu o Premio AISGE Mellor Interpretación Feminina no propio OUFF de 2021 polo seu papel na curta Xoves de Comadres, de Noemí Chantada.

Actriz de imaxe e de dobraxe, festexará así os seus 50 anos de traxectoria profesional, que pasou entre o audiovisual e radio. Os premio, explican desde a organización, ten como obxectivo visibilizar a achega á historia do audiovisual galego de actores e actrices e será entregado o vindeiro 27 de setembro pola delegada de AISGE en Galicia, Isabel Blanco durante a gala de inauguración do OUFF 2024.

O OUFF está organizado pola Fundación Carlos Velo co patrocinio principal da Deputación de Ourense e o apoio da Xunta de Galicia.

0.13342308998108