A Agrupación Empresarial Ribeira Sacra reúnese en Castro Caldelas

OurenseXa
Na reunión deuse conta dos contactos cos 26 municipios que integran a agrupación empresarial e da boa acollida que está tendo a proposta.
agrupacion_empresarial_castro_caldelas
A Agrupación Empresarial Ribeira Sacra reúnese en Castro Caldelas
21 Feb 2024

A Agrupación de Empresas da Ribeira Sacra vén de celebrar a primera reunión do Consello de Administración neste 2024. Segue o carácter itinerante destes encontros e o lugar escollido para esta ocasión foi o castelo de Castro Caldelas.

Na reunión deuse conta dos contactos cos 26 municipios que integran a agrupación empresarial e da boa acollida que está tendo a proposta. Mentres o número das empresas asociadas segue incrementándose paulatinamente.

Informouse dos primeiros pasos para que a Agrupación Empresarial comece a operar de mediadora para a formación, como organismo que colaboraría con outras entidades para ofrecer a formación que se necesita na Ribeira Sacra. Desde Ribeira Sacra Next amósanse covencidos da importancia da formación para axudar a fixar poboación e desenvolver o territorio; por iso traballan nunha sondaxe para ver as necesidades reais de formación dos distintos sectores asociados. Unha vez coñecido o resultado da sondaxe estableceranse as medidas para abordar esta problemática.

No Consello de Administración deuse conta tamén dos contactos coas universidades para a elaboración do Plan estratéxico de actuación da AIE Ribeira Sacra Next. Este plan trataría de definir cuestións como as seguintes:

  • Diagnose da situación
  • Definición de elementos estratéxicos da entidade: misión, visión, valores e obxectivos
  • Modalidades de participación e ámbito de actuación
  • Estrutura organizativa e gobernanza
  • Modelo de financiamento
  • Plan de actuación
  • Plan de comunicación
  • Monitorización, avaliación e adaptación

No Consello de Administración tamén coñeceron proxectos de mobilidade sostible e de turismo activo. No primeiro caso daríase resposta ás necesidades de conectividade a través de rutas eficientes que, entre outras cousas, axudarían a manter ás persoas maiores nas súas casa durante máis tempo. Un servizo para a sustentabilidade que tende á desestacionalizacións. O segundo caso, Ribeirani, é unha ambiciosa proposta de turismo activo, convencidos de que non hai ningún lugar mellor para sácalo adiante que este territorio.

Unha vez celebrada a reunión, desde o Consello de Administración destacan que a agrupación empresarial "vai collendo corpo e non hai marcha atŕas; 16 dos concellos teñen confirmada a súa colaboración e o número de empresas asociadas e entidades colaboradoras segue incrementándose".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20436000823975