A Agrupación Miño acolleu un encontro veciñal contra as violencias machistas

O local social da Agrupación Miño foi este venres escenario do primeiro 'Encontro Veciñal Sobre Violencias Machistas' de Ourense, unha iniciativa a través da que as e os participantes coñeceron distintos puntos de vista en canto á violencia sobre as mulleres en Ourense.
Na actividade participaron mulleres de distintos barrios da cidade que puideron coñecer a labor que realiza a Rede Veciñal de Mulleres da Agrupacion Miño e Unidade Contra a Violencia sobre as mulleres da Subdelegacion do Goberno.
Ademais, no encontro tamén se falou sobre as violencias que sufren as mulleres durante a xestacion e o parto, como violencia obstretica e a falta de sensibilidade, grazas ás aportacions da Asociacion Arrolos de Teta e a Asociacion O Parto é Noso.