A Agrupación Miño afonda no papel da muller no tecido asociativo

O Espazo Veciñal Casa da Maxia, nova sede da Agrupación Miño, acolleu unha xornada de debate arredor do papel da muller no tecido asociativo e que serviu como espazo de debate e participación sobre o pasado, presente e futuro das mulleres dentro do movemento asociativo da cidade.
A iniciativa, impulsada pola Agrupación Miño, buscou dinamizar o novo espazo veciñal e continuar a súa labor na concienciación sobre a igualdade. No encontro participaron distintas mulleres que compartiron a súa experiencia persoal tras décadas de participación asociativa.
Durante a xornada abordáronse cuestións como os micromachismos no día a día, a discriminación por ser muller, o teito de cristal e a falta de relevo interxeracional.