A Agrupación Miño denuncia a falta de programación do Concello de Ourense polas Letras Galegas
OurenseXa
Os membros da Asociación Veciñal Miño organizaron o seu propio acto polo Día das Letras Galegas "ante a falta de programación específica do propio Concello de Ourense"
A Agrupación Miño organiza un acto polo Día das Letras Galegas
16 Maio 2024
A Asociación Veciñal Miño celebrou o pasado martes, 13 de maio, un acto polo Día das Letras Galegas. Dende a agrupación sinalan que decidiron organizar este acto cultural pola súa conta "ante a falta de programación específica do propio Concello de Ourense".
A actividade, celebrada no Centro Social situado na rúa Doutor Marañón, contou cun recital poetico a cargo do Círculo Poético Ourensán e unha actuación musical a cargo do grupo Loureiro. Na actividade participaron veciñas e veciños dos distintos barrios que integran a Agrupación Miño.
O certo é que, ata a data, o Concello de Ourense non ten confirmado non acto polo Día das Letras Galegas, que se conmemora este venres, 17 de maio, e que este ano está radicado á escritora Luisa Villalta.