A Agrupación Miño pide maior presenza policial nos barrios da periferia

OurenseXa
A presidenta da Agrupación Miño, Lorinda Fernández, incide "na necesidade de máis presenza policial nos barrios da periferia e o perímetro rural do Concello de Ourense"
agrupacion-miño-letras-galegas
Membros da Agrupación Miño
20 Jun 2024

No día de onte a presidenta da Agrupación Miño participou na Xunta Local de Seguridade celebrada na Subdelegación do Goberno. Dende a federación, que integra a máis de 20 asociacións veciñais do rural e periferia do Concello de Ourense, tomouse a palabra para defender as peticións das asociacións integradas.

Durante a reunión na que estaba represetanda Administración Local, Autonómica e Estatal así como das forzas e corpos de seguridade do estado, a Agrupación Miño expuxo as problemáticas de distintos barrios en materia de seguridade cidade e viaria pedindolle as Administracións a tomar medidas para solucionar e previr.

Dende a directiva da agrupación, a súa presidenta, Lorinda Fernández, destacou a necesidade de implantar unha maior presenza policial nos barrios da periferia. “Defendemos na Xunta Local de Seguridade as necesidades que nos trasladaron as AAVV integradas na Agrupación Miño, facendo especial fincapé na necesidade de máis presenza policial nos barrios da periferia e o perímetro rural do Concello de Ourense", destacou.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18342900276184