A agrupación municipal do PSdeG-PSOE de Ourense promove a aproximación ás institucións para os cargos do partido

A agrupación municipal do PSdeG-PSOE de Ourense realizou esta fin de semana, unha viaxe a Bruxelas para coñecer o Parlamento Europeo e somerxerse na actividade da institución a través do traballo do eurodeputado socialista galego Nicolás González Casares. Ademais de percorrer o hemiciclo, puideron realizar preguntas sobre o funcionamento do mesmo, as diferentes etapas que transitou Europa ata chegar á cooperación ou cales son os retos a afrontar no futuro máis próximo.
Tamén percorreron o Parlamentarium, accesible nas 24 linguas dos países que conforman a Unión Europea, para adentrarse no proceso de elaboración das leis e como, e en que prazos afectan as decisións que se toman á cidadanía dos países membros. Esta viaxe está enmarcada dentro dun programa máis amplo que dende a Comisión Executiva Municipal (CEM) do PSdeG da cidade persegue promover a aproximación ás institucións para os cargos do partido e para toda a militancia.