Actualidade
O Templo da Veracruz do Carballiño recibe de Alemaña un órgano valorado en medio millón de euros e varias pezas de culto
Dúas parroquias da cidade alemá de Bochum doan ao templo carballiñés unha reliquia, dúas imaxes e numerosos bens litúrxicos, ademais dun órgano de gran valor cuxa instalación se completará a comezos de 2027
Ourense contará con transporte público mínimo durante a xornada de folga do vindeiro mércores
As liñas urbanas circularán con cobertura reducida e a metade do taxi estará operativo durante as 24 horas que dure o paro convocado en toda España
Cortan o tráfico na OU-406 ao seu paso baixo a vía do tren en Ribadavia tras o choque dun camión guindastre
A circulación quedou interrompida despois de que un camión con guindastre quedase atrapado por exceso de altura e se detectasen danos nunha viga da estrutura, de titularidade do Adif
RibeiraSacraXa | OurenseXa
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil advirte dunha escaseza puntual de auga en varias zonas do Miño-Sil
Un informe hidrolóxico constata que as choivas de outubro quedaron un 80 % por debaixo da media e que os encoros apenas superan a metade da súa capacidade
Avión retoma os traballos arqueolóxicos no Castro de San Vicenzo
O xacemento afronta unha nova fase de intervención centrada nas escavacións, a conservación das estruturas e un estudo de accesibilidade universal
OurenseXa
Ourense gardará un minuto de silencio esta tarde polas vítimas do accidente de tren de Toledo
Os actos súmanse ao chamamento da FEMP e da Fegamp tras o sinistro ferroviario rexistrado esta mañá na provincia toledana
Dispositivo especial de tráfico no Couto este xoves polo partido Auriense-Deportivo
Varias rúas próximas ao estadio quedarán cortadas á circulación e restrinxirase o aparcamento en dúas prazas desde as 18.30 horas ata o final do encontro
Colectivos de memoria histórica denuncian que o Subdelegado do Goberno non trasladou a súa petición sobre o futuro do vello cárcere de Ourense
Varias asociacións aseguran que a súa reunión coa Subdelegación tiña como obxectivo pedir a declaración do edificio como lugar de memoria, un propósito que, segundo denuncian, non quedou reflectido na comunicación oficial do encontro
As protestas contra Vox e as cargas policiais esténdense polas sete cidades galegas
As mobilizacións sucedéronse tras a visita de Santiago Abascal á Coruña, onde os incidentes do mércores deixaron persoas feridas e detidas
Cortes de tráfico e cambios no transporte público en Barbadás polo Rallymix
A celebración da proba obriga a pechar unha estrada á altura das Escorregas e a modificar varias paradas da rede de transporte metropolitano durante tres días
O Concello de Ourense aproba inicialmente a nova ordenanza do servizo e dos prezos da piscina termal das Burgas
A normativa, que marcará as condicións de uso e os prezos públicos desta instalación termal, queda agora aberta a reclamacións e suxestións antes da súa aprobación definitiva
A ourensá Marta Vázquez Guzmán toma posesión como nova directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
O acto de toma de posesión celebrouse no edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela
O Castro de Trelle de Toén resulta ser máis antigo do calculado tras unha análise de carbono 14
Un estudo científico sobre restos de madeira achados no xacemento ourensán despraza a súa cronoloxía varias décadas cara atrás respecto do que se daba por feito ata o momento
A Marcha Mundial das Mulleres pide a Inspección Educativa información sobre as presuntas agresións machistas no IES Xulio Prieto Nespereira
O colectivo feminista denuncia que as familias non recibiron ningunha chamada malia solicitar semanalmente unha reunión, e advirte de que un dos presuntos agresores continúa no centro mentres as alumnas seguen relatando episodios de violencia
GaliciaXa
A DGT estima 472.000 desprazamentos polas estradas galegas durante a ponte do Pilar
O dispositivo especial estenderase durante catro días, con reforzo de medios humanos e técnicos para garantir a seguridade e fluidez da circulación
GaliciaXa
A CIG comeza o seu calendario de mobilizacións previas á folga xeral prevista para novembro
O sindicato inicia unha serie de asembleas comarcais e concentracións en varias cidades galegas para reclamar medidas urxentes fronte á suba dos prezos e o acceso á vivenda
Remata en Allariz unha nova edición da campaña 'Merca no teu comercio' coa entrega de premios aos participantes
A iniciativa, desenvolvida en colaboración coa Federación Galega de Comercio, percorre distintas localidades galegas sen grandes superficies comerciais para fomentar as compras nos negocios de barrio
Eventos
Luis Menor anuncia unha candidatura forte tras coñecerse o pacto entre DO e o alcalde de Barbadás
O acordo alcanzado entre Democracia Ourensana e o rexedor de Barbadás reconfigura os apoios tanto no Concello como na Deputación, mentres o PP provincial critica a operación e adianta que presentará unha alternativa ao municipio
A Festa Provincial de Autoescolas de Ourense rende homenaxe a profesionais xubilados do sector
O encontro reuniu a empresarios e profesionais do sector, cunha charla sobre as novas normas de protección a usuarios vulnerables da vía e un recoñecemento a varios compañeiros xubilados
Cortes de tráfico na rúa Pena Trevinca de Ourense polas festas de San Francisco durante toda a fin de semana
Recoméndase circular por rutas alternativas desde este venres até o domingo, cando o dispositivo se combina cunha carreira popular
O PSdeG-PSOE de Ourense pedirá no Congreso que o vello cárcere provincial sexa declarado Lugar de Memoria Democrática
O partido rexistrará unha proposición non de lei para protexer o antigo inmoble penitenciario e garantir que calquera uso futuro respecte o seu valor histórico e memorial
Avante Ourense propón destinar 200.000 euros anuais a mobilizar vivenda baleira e ampliar o parque público
A formación presenta unha contraproposta á iniciativa socialista para dedicar esa partida a un programa de inmersión en inglés, e propón no seu lugar un plan municipal de alugueiro social e rehabilitación de inmobles
O PSdeG-PSOE da Merca denuncia ante o Tribunal de Contas presuntas irregularidades por 200.000 euros no monumento ás vítimas do terrorismo
A formación socialista traslada aos órganos fiscalizadores as súas dúbidas sobre a tramitación e o pagamento dunha obra valorada en 200.000 euros, e pide que se determinen as eventuais responsabilidades
O PSdeG-PSOE de Ourense leva ao Parlamento de Galicia a petición de protexer o antigo cárcere como espazo de memoria
Unha iniciativa parlamentaria reclama estudar a declaración do histórico edificio como BIC e o seu recoñecemento como Lugar de Memoria Democrática, ademais de medidas para frear a súa deterioración










