A agrupación Os do Fuelle organizan en Maceda a II Xuntaza de Amigos do Fuelle

OurenseXa
Na xornada participarán tamén os membros da Escola Xuvenil de Acordeóns de Campelo e a Asocación do Acordeón Terras de Celanova
i-xuntanza-amigos-do-fuelle-maceda
I Xuntanza de Amigos do Fuelle
20 Oct 2025

O vindeiro venres, 24 de outubro, a agrupación Os do Fuelle celebrará en Maceda a II Xuntaza de Amigos do Fuelle.

Será unha xornada centrada no acordeón na que participarán tamén os membros da Escola Xuvenil de Acordeóns de Campelo, procedentes de Poio, e a Asocación do Acordeón Terras de Celanova.

A xuntanza terá lugar ás 21:00 horas no restaurante A Diligencia e as reservas poden facerse no propio establecemento ou por teléfono, 988 463 409. A data máxima para anotarse será o 24 de outubro.

⚙ Configurar cookies
0.075210809707642