A alcaldesa de San Cibrao das Viñas atendeu ás tarefas de extinción dun incendio

“Queremos condenar e denunciar que estes incendios son intencionados, o que provocou un lamentable dano medioambiantal que tardaremos anos en recuperar"
incendio-San-Cibrao-das-Viñas
23 Ago 2024

A alcaldesa de San Cibrao das Viñas, Marta Nóvoa, e o seu equipo estivo traballando xunto co director territorial da Xunta de Galicia, José Antonio Armada, na coordinación das tarefas de extinción dun incendio.

“Queremos condenar e denunciar que estes incendios son intencionados, o que provocou un lamentable dano medioambiantal que tardaremos moitos anos en recuperar. A isto hai que sumarlle a perigosidade debido a que o lume estivo moi preto das vivendas e do Polígono de Barreiros, o que poido provocar graves danos de non ser pola rápida actuación dos medios de extinción da Xunta de Galicia”, declarou Marta Novoa ante os presentes.

Os incendios deron comezo arredor das 18.00 horas do xoves, 22 de agosto, causando un dano de case 5 hectáreas queimadas no maior dos focos, poidendo multiplicar por 10 o seu impacto, de non ser pola rápida e coordinada actuación de todos os medios dispoñibles pola Xunta de Galicia, no que chegaron a actuar case unha ducia de brigadas, media ducia de motobombas, sete avións e nove helicópteros, máis de seis axentes forestais e ata unha pala.

Marta Novoa trasladou ao director territorial en nome do concello “o agradecemento á Xunta pola rapidez e máxima implicación, así como a todo o persoal que participou na tarefas de extinción duns incendios que condenamos.”

Recordar e destacar a importancia da limpeza das fincas nos núcleos urbanos e franxas secundarias; pediremos a implicación dos propietarios para levalo a cabo.

0.18932700157166