A Andaina de Pontedeva “Ruta da Auga” celebra a súa décimo quinta edición o 10 de maio

OurenseXa
A ruta contará con dous percorridos e as inscricións poden realizarse ata o 8 de maio
andaina-pontedeva
5 Apr 2026

A Andaina de Pontedeva “Ruta da Auga” volverá celebrarse o vindeiro domingo 10 de maio, acadando a súa décimo quinta edición. As inscricións permanecerán abertas ata o 8 de maio.

A actividade ofrecerá dous percorridos. Por unha banda, unha ruta longa de 18 quilómetros, que sairá ás 9:30 horas desde o Cruceiro de Trado. Por outra, unha ruta curta de 7 quilómetros. Neste caso, os participantes poderán tomar un autobús ás 9:30 horas desde o polígono de Trado, que os levará ao punto de inicio da camiñada, previsto para as 10:30 horas desde o Área Recreativa da Ponte.

O prezo da inscrición será de 12 euros para ambas as modalidades e incluirá avituallamento durante o percorrido e unha comida ao remate da andaina.

A “Ruta da Auga” é unha camiñada multitudinaria que se celebra desde o ano 2011 e que foi gañando popularidade co paso dos anos, consolidándose como unha cita destacada para os amantes da natureza e do deporte ao aire libre. O percorrido atravesa distintos puntos do concello, tendo a auga como elemento central.

0.12038493156433