A ANPA do CEIP Seixalbo organiza xornadas de portas abertas para dar a coñecer as actividades extraescolares

A ANPA do CEIP Seixalbo vén de anunciar a posta en marcha dun ciclo de xornadas de portas abertas para presentar as actividades extraescolares que se ofertarán no centro durante o curso 2025/2026. As sesións desenvolveranse nas tardes das últimas semanas de maio e nas primeiras de xuño, e están dirixidas exclusivamente ás familias socias da ANPA, polo que os e as interesadas que o desexen dbrán inscribirse na ANPA unha vez finalizadas as xornadas de portas abertas.
Segundo sinalan desde a organización, o obxectivo desta iniciativa é permitir que as familias coñezan de primeira man os contidos das actividades e as persoas encargadas de impartilas, favorecendo así unha elección máis informada.
As portas abertas celebraranse no propio centro a partir das 16.00 horas, cunha duración aproximada de unha hora por actividade. O calendario previsto é o seguinte:
- Hóckey: martes 27 de maio (último curso de infantil e primaria)
- Minichef: mércores 28 de maio (infantil e primaria)
- Patinaxe: xoves 29 de maio (infantil e primaria)
- Robótica: venres 30 de maio (primaria)
- Fútbol gaélico: venres 30 de maio (último curso de infantil e primaria)
- Acrobática: luns 9 de xuño (primaria)
- Danza creativa: mércores 11 de xuño (infantil)
As persoas interesadas deberán inscribirse nas portas abertas antes das 18.00 horas do xoves 22 de maio, co fin de organizar adecuadamente os grupos e o número de monitoras necesarias.
Unha vez rematadas as xornadas, abrirase un período de preinscrición para as actividades extraescolares. A inscrición definitiva realizarase unicamente nas actividades nas que se forme grupo suficiente. Está previsto que todas as propostas comecen a principios de outubro. Desde a ANPA animan ás familias a participar nas sesións e asociarse no momento da preinscrición.