A ANPA do CPI Antonio Faílde organiza unha festa de Entroido

OurenseXa
Haberá inchables, obradoiros e moitas máis actividades o sábado 14 no Polideportivo de Albán
entroido-festa-coles
8 Feb 2026

A ANPA do CPI Antonio Faílde, en colaboración co Concello de Coles, organiza unha festa de Entroido o vindeiro sábado, 14 de febreiro, que terá lugar no Polideportivo de Albán de 16:30 a 19:30 horas.

A festa contará con inchables, talleres, sorteo de agasallos, postos de venda dos nenos de cuarto da ESO do centro educativo e animación musical co grupo Bushit. Ademais, antes de comezar a festa, haberá un desfile de disfraces que partirá, se o tempo o permite, dende a Praza do Concello.

As entradas teñen un prezo de dous euros para socios e 4 para os non socios, e todo o recadado será para a ANPA.

⚙ Configurar cookies
0.086359024047852