A antiga vivenda de mestres de Luíntra foi rehabilitada cunha achega de 50.000 euros

O concello de Nogueira de Ramuín conta desde hoxe cunha vivenda reformada no lugar de Luíntra, destinada a alugueiro accesible, grazas a unha achega de 50.000 euros da Xunta de Galicia.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, visitou a vi-venda e destacou que este tipo de actuacións forman parte dunha liña de axudas que permitiu recuperar 21 vivendas municipais na provincia de Ourense só neste ano, cun investimento superior a un millón de euros.
Segundo Allegue, con estes investimentos “do que se trata é da facilitar o acceso á vivenda”, unha estratexia que combina a rehabilitación de edificios con proxectos de nova construción de vivenda pública, con preto de 3.000 unidades en marcha en Galicia nesta lexislatura.
A conselleira subliñou tamén que estas actuacións contribúen a acadar o reto de “fixar po-boación no rural”. Neste marco, a Xunta ofreceu este ano axudas para facilitar a compra de vivenda a mozos menores de 36 anos en concellos de menos de 10.000 habitantes, das que preto de 300 persoas se beneficiaron, incluídas 49 en municipios ourensáns.