A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras nomea a un novo Director Asistencial
A Consellería de Sanidade vén de nomear a Eloy Sanchez Hernández, como novo Director Asistencial da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras substituíndo no cargo a Abel Pallarés Sanmartín que deixa o seu cargo por motivos persoais e retomará proximamente a súa labor asistencial como neumólogo na área sanitaria de Vigo.
O doutor Eloy Sánchez é na actualidade o Xefe de Servizo de Aparello Dixestivo do Area Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras, un dos servizos con maior volume asistencial, cargo que viña ocupando desde xuño de 2017. Nado en Salamanca é licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Salamanca. Formouse como especialista en Aparello Dixestivo, vía MIR, no Hospital Marques de Valdecilla de Santander, onde tamén realizou a súa tese doutoral con cualificación cum laude.
Integramente vencellada a Ourense, a carreira profesional discorre desde 1997 na provincia de Ourense, inicialmente no Hospital Piñor e posteriormente no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Sempre relacionado coa especialidade da endoscopia dixestiva foi pioneiro en técnicas de estudo da vía biliar e pancreática. Foi Coordinador da Unidade de Endoscopia Dixestiva do Complexo Hospitalario de Ourense dende 2003 ata 2017 cando pasou a asumir a xefatura do Servizo de Aparello Dixestivo.
Membro do Comité de Calidade do seu Servizo colaborou activamente na acreditación no ano 2013 como o primeiro servizo de España en obter o certificado en Calidade e Seguridade do paciente, norma ISO 9001 y UNE 179003, que avalía o esforzo dos profesionais do Servizo ourensá cara á excelencia e á mellora continua. Implicado no desenvolvemento da especialidade de Dixestivo, é membro da Sociedade Española de Patoloxía Dixestiva e da Sociedade Española de Endoscopia Dixestivo da cal ocupo no actualidade o cargo como secretario. Impulsor del Clube Endoscópico do Eixo Atlantico, do cal foi Presidente e tamén Membro de Honra, e ademais desenvolveu o labor de Presidente da Academia Médico Quirúrgica de Ourense.
Na actualidade é colaborador docente desde o ano 1998 e profesor de cursos de doutorado da Facultade de Medicina de Santiago de Compostela participando activamente na docencia de pre e posgrao.
Obxectivos da Dirección Asistencial
O novo Director asistencial terá como obxectivo o de asumir a xestión da demanda de servizos sanitarios, garantindo o desenvolvemento das actuacións de promoción da saúde e prevención da enfermidade na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, desenvolvendo protocolos necesarios para unha continuidade asistencial entre os diferentes niveis, desenvolvendo unha coordinación efectiva entre a atención primaria e hospitalaria.
Outro dos principais obxectivos é a estabilización do persoal asistencial que actualmente traballa na nosa área e a captación de novos profesionais para suplir as carencias que poidan existir no momento actual, intentando lograr profesionais competentes e comprometidos coa asistencia. Asemade terá a competencia de programar, dirixir e controlar a execución da actividade asistencial e coordinar a actividade das direccións dos distritos sanitarios de Verín e Valdeorras, así como de elevar á Xerencia da área a proposta dos plans anuais da actividade asistencial, investigadora e docente.