A artista Raquel Figueiras protagoniza a nova exposición do Centro Cultural Marcos Valcárcel

OurenseXa
A súa mostra, ‘Materia conductora’ poderá visitarse ata o próximo 13 de xullo
expo-raquel-figueras-marcos-valcarcel
22 May 2025

O Centro Cultural Marcos Valcárcel, espazo expositivo da Deputación de Ourense, suma unha nova alternativa cultural coa exposición “Materia conductora”, da escultora, pintora e poeta Raquel Figueiras. A mostra, que poderá visitarse ata o próximo 13 de xullo, está comisariada por Marta García e enche as instalacións cun “mundo onírico e fantástico”, segundo trasladan os organizadores.

A obra de Raquel Figueiras “é un convite silencioso, un fío que nos chama a cruzar o limiar do sabido, a deixar atrás a lóxica e a habitarmos ese territorio fráxil onde todo pulsa dun novo xeito. Tende un fío, un filamento sensible que conecta o que non ten nome. Ofrece apenas un espazo para o arrepío, para o asombro, para esa intuición primeira que nos vencella co máis fondo do ser. A súa obra anda na procura de plasmar iso que atravesa o corpo antes que o pensamento, un saber non sabido, un tremor que non atopa acubillo nas palabras. Porque hai territorios onde a linguaxe non chega, e aí comeza a arte”, segundo Marta García.

Gran parte do traballo de Raquel Figueiras está elaborado en cerámica, pero tamén son relevantes os traballos feitos en madeira e, desta volta, van acompañados dunha serie de pinturas con tinta chinesa sobre teas. Como novidade, a exposición inclúe varias intervencións directas da artistas sobre a parede.

⚙ Configurar cookies
0.15801906585693