A Asociación Amigos do Patrimonio de Toén inaugura un panel sobre as barcas e portos históricos do Miño

OurenseXa
A iniciativa busca poñer en valor estes elementos que foron fundamentais na vida social, económica e cultural do municipio ao longo dos séculos
panel-barcas-toen
20 Nov 2025

A Asociación Amigos do Patrimonio de Toén, en colaboración co Concello, inaugurará este domingo 23 de novembro ás 12:00 horas un panel interpretativo na antiga escola de Puga dedicado ás antigas barcas e portos do río Miño.

O novo panel recolle a historia destes pasos fluviais, documentados desde o século IX, e destaca exemplos como a barca de Feá, que xogou un papel clave nas comunicacións locais e mesmo foi escenario de episodios históricos, como a invasión francesa durante a Guerra de Independencia. No acto tamén participará un dos últimos barqueiros da zona, que manexou a barca do porto de Quellepán (Puga) ata 1971.

O obxectivo desta iniciativa é poñer en valor estes elementos que foron fundamentais na vida social, económica e cultural do municipio ao longo dos séculos.

A iniciativa forma parte do proxecto divulgativo Lugares con Historia, que estes días incorpora outro panel na aldea de Toén sobre o achado e desaparición do Brazalete de Ouro de Toén, datado no Bronce Final. Nos próximos meses prevese instalar novos paneis en Mugares e Moreiras, ampliando así o percorrido interpretativo polo patrimonio local.

De feito, esta semana, a asociación o primeiro dos dous paneis que a Asociación porá neste 2025, que xa está colocado ao carón parada de bus das Moas enToén, moi preto do lugar onde se atopou o Brazalete.

⚙ Configurar cookies
0.072381973266602