A Asociación Cultural Entroido de Mugares abre o prazo para participar no Domingo de Comedias

OurenseXa
Poderán presentarse obras teatrais, actuacións musicais, de baile, maxia ou monólogos, que actuarán o 15 de febreiro durante o Entroido
domingo-de-comedias-entroido-de-mugares
Domingo de Comedias do Entroido de Mugares
9 Nov 2025

A Asociación Cultural Entroido de Mugares vén de anunciar a apertura do prazo de inscrición para participar no tradicional Domingo de Comedias, unha das citas máis esperadas do entroido mugareiro.

A entidade anima a todas as persoas con inquedanzas artísticas a subir ao escenario o 15 de febreiro, data na que se celebrará o evento. Poderán participar quen desexe presentar obras teatrais, actuacións musicais, de baile, maxia ou monólogos, nunha xornada pensada para o entretemento e a creatividade. As persoas interesadas poden inscribirse contactando directamente coa asociación.

⚙ Configurar cookies
0.084211826324463