A Asociación Cultural Entroido de Mugares busca fotos antigas para crear un arquivo histórico

OurenseXa
A entidade fai un chamamento a todas as persoas que dispoñan de imaxes antiga deste entroido tradicional a poñerse en contacto coa asociación para preservar a historia e a tradición desta celebración
entroido-mugares
15 Oct 2025

A Asociación Cultural Entroido de Mugares iniciou unha campaña para recoller fotos antigas do Entroido co obxectivo de crear un pequeno arquivo histórico que preserve a memoria desta festa para as xeracións futuras.

A entidade fai un chamamento a todas as persoas que dispoñan de imaxes antigas da celebración, das festas, dos traxes ou dos disfraces para que as poidan dixitalizar (escanealas) e incluír neste arquivo, de forma que a historia deste entroido tradicional quede gardada para todos os veciños.

As persoas interesadas poden poñerse en contacto con calquera membro da directiva, e a asociación encargaráse de tratar as fotografías con coidado e respecto.

Con esta iniciativa, a Asociación Cultural Entroido de Mugares pretende preservar a historia e a tradición dunha das celebracións máis emblemáticas da comunidade, garantindo que as lembranzas do pasado permanezan vivas.

⚙ Configurar cookies
0.095669984817505