A Asociación Cultural Frei Canedo da Ponte convoca o concurso para o cartel oficial do Entroido 2026

OurenseXa
O prazo para presentar os deseños estará aberto ata o 7 de xaneiro
cartel-frei-canedo-2025
13 Dec 2025

A Asociación Cultural Frei Canedo da Ponte lanza o concurso para elixir o cartel oficial do seu Entroido, que este ano celebrarase a mediados do mes de febreiro.

O prazo para presentar os deseños estará aberto ata o 7 de xaneiro e o gañador será anunciado o 12 de febreiro a través das redes sociais. O premio, de 100 euros entregarase, o luns 16 de febreiro, durante os actos do pregón e antes do desfile.

O concurso é libre e aberto a todas as idades, e os traballos deben incluír elementos relacionados co Entroido e co barrio da Ponte, así como unha adaptación da figura de Frei Canedo. Os deseños deben enviarse por correo electrónico á asociación en formato JPG e PDF, cun formato vertical para facilitar a súa adaptación a diferentes medios.

Cada participante poderá presentar un único cartel, e a asociación resérvase o dereito de empregar, retocar e readaptar o deseño gañador, que pasará a ser propiedade intelectual da entidade.

⚙ Configurar cookies
0.069730997085571